Metal-Gear-Solid-Legacy

Parece que os rumores estanse cumprindo, xa que Konami acaba de confirmar a saída no continente americano de Metal Gear Solid: The Legacy Collection para este mesmo verán.

A mencionada recopilación (ninguén quere deixar de explotar os seus xogos clásicos) incluirá:

Metal Gear Solid, Metal Gear Solid 2: HD Edition, Metal Gear Solid 3: HD Edition, Metal Gear Solid: Peace Walker HD Edition, Metal Gear Solid: VR Missions,Metal Gear Solid 4: Trophy Edition e as dúas novelas gráficas de Ashley Wood.

Se a isto lle engadimos que o Metal Gear Solid 3: HD Edition inclúe Metal Gear e Metal Gear 2: Solid Snake, temos un pack da saga bastante completiño non?

Por certo, aínda non se sabe o prezo desta colección, nin sequera está confirmado que chegue ao noso continente, pero só é cuestión de tempo.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario