Segundo as verbas do co-presidente de Quantic Dream, Guillaume de Fondaumiere, no festival Digital Dragons en Polonia, o videoxogo de 2011, Heavy Rain, ingresou nas arcas de Sony 100 millóns de dólares, defendendo así os videoxogos experimentais.
Estes proxectos foron e son rendibles, ata certo punto.”
“Dareiche un exemplo que coñezo: Heavy Rain. Digamos que crear «Heavy Rain» costou 22 millóns de dólares. Coas campañas de márketing, quizáis 30 millóns. Se lle sumamos a distribución, 40 millóns. Sony ingresou 100 millóns con este xogo, así que é moi rendible. É o tipo de marxe de beneficios que toda empresa quere para calquer videoxogo.”
A súa compañía lanzará en xuño Beyond: Two Souls, exclusivamente para PlayStation 3. O estudio tamén está a traballar nun videoxogo para as videoconsolas de nova xeración cun motor totalmente novo, como se puido ver na “presentación” da PlayStation 4.
Merecidísimo éxito dun xogo fresco, adulto, inmersivo e orixinal, que a diferencia do 90% do que nos chega dos grandes estudos non está fabricado en paralelo aos títulos da competencia nin ten medo a innovar.