ouya
Mentres algúns seguimos agardando a chegada da videoconsola Ouya, seguen a saír novas relacionadas coa videoconsola baseada no sistema operativo Android. Neste caso, a xefa de relacións cos desenvolvedores de Ouya, Kellee Santiago, comentou que se superara a cifra dos 10.000. Aínda que Santiago non revelou ningún nome, prometeu algúns anuncios relevantes nas vindeiras semanas.

Pola súa banda, a presidenta de Ouya, Julie Uhrman confirmou recentemente que están a traballar en moitas actualizacións para a videoconsola, como o soporte para unidades de almacenamento externas, instalacións máis sinxelas dos videoxogos, soporte dos mandos para os reprodutores de vídeo e máis opcións de pagamento na súa tenda dixital, entre outras cousas.

Sobre o autor:

@NetOverflow | Ver as entradas publicadas por NetOverflow »

«A miña primeira consola propia foi unha das míticas compatibles coa NES que traían un feixe de xogos dentro. Máis tarde adquirín unha SNES coa que botei moitas horas diante da televisión, ata que me pasei ó mundo do PC, onde descubrin un mundo novo. Actualmente ando entre os xogos de PC e os de XBOX 360, aínda que de cando en cando, conecto a SNES para volver desfrutar cos seus grandes xogos.»

Deixar un comentario