jak-trilogy

Naugthy Dog estreouse na PS2 con Jak & Daxter: O legado dos precursores, unha mestura perfecta entre plataformas e aventura que cautivou a millóns de xogadores grazas á súa estética, humor e diversión nunha aventura excepcional.

Jak II presentouse como unha aventura máis seria, máis adulta, nun sandbox que nos daban liberdade absoluta para realizar as misións, centos de ítems ocultos, minixogos…enorme.

Jak 3 pechou unha triloxía por todo o alto, co desterro do propio protagonista e a supervivencia do mesmo nun escenario árido.

Tres xogos sublimes, tres xogos que chegaron reeditados á PS3, mais que despois dos rumores que sairon semanas atrás, confírmase que estos tres xogos chegarán remasterizados á PS Vita, con minixogos adaptados ao control da portábel e trofeos complementarios cos de Playstation 3.

Non dou expresado as ganas que teño de volver superar as tres aventuras, mais o que si que é seguro é que terei que agardar a xuño, mes da súa saída.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario