criterion games

A excelente compañía Criterion Games foi, é e será famosa polos seus títulos de condución, mais parece ser que no seu próximo videoxogo queren alonxarse desta temática.

Así o afirma Alex Ward, director creativo da compañía:

Moitos de vós preguntades se hai algún novo Need for Speed pola nosa parte, e incluso un Road Rash. Pois ben, aínda que me gusten estos xogos, persoalmente non estou realizando ningún.

Despois dunha década facendo este tipo de xogos é o momento de facer algo novo.

Aínda é cedo para anunciar nada, mais se esperas un gran anuncio sobre Bornout ou un remake de Underground, entón vamos decepcionarte.

Se facemos algo de memoria recordaremos que na PS2 realizaron un FPS baixo o nome de Black e resultou ser do máis espectacular, aínda que segundo parece, deron a entender que a súa próxima obra será unha IP nova.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario