Aínda que moitos de vós xa estaredes pensando en Batman: Arkham Origins (precuela dos xeniais títulos de Batman e que sairá para as consolas de sobremesa) non podemos esquececernos das portábeis que tamén recibirán a súa ración de home morcego baixo un premisa interesante.
Batman: Arkham Origins Blackgate será un videoxogo para PS Vita e 3DS, realizado por Armature e o que vemos á primeira vista parece que será un xogo que recorde aos tan queridos “oldschool”, é dicir, teremos un título nunha perspectiva en 2D na que deberemos avanzar polos escenarios a medida que imos adquirindo novos gadgets que nos permitirá superar os escenarios que se nos presenten.
Entre estes gadgets teremos os xa habituais tirolina, xel explosivo, batarang e sen esquecernos da nosa visión morcego, que nos axudará a recoñecer o escenario.
Así, deberemos escalar, saltar, pelexar e incluso empregar o sixilo na medida do posíbel.
Todos sabemos que os “ports” a portábeis case nunca chegan a bo porto, recordemos o Call of Duty, mais personalmente o que vexo gústame, ou estarei sendo traicionado polos recordos?