Se fai unhas semanas era a plataforma dixital de Electronic Arts a que tiña problemas de seguridade, agora é uPlay (que pertence a Ubisoft) a que está a ter problemas de seguridade.
A través dunha vulnerabilidade do software, un grupo de hackers afirman que son capaces de descargar videoxogos que o usuario non mercou na plataforma dixital.
Entre os xogos que afirman ter conseguido atópase Far Cry 3: Blood Dragon, que ocupa 3.051 MiB e aínda non saíu ao mercado. Éste pode ser o motivo da aparición de numerosos vídeos «ingame» na rede subidos por usuarios.
Polo de agora a compañía aínda non se pronunciou ao respecto.