A compañía nipona Capcom anunciou que a data de lanzamento do Lost Planet 3, que estaba previsto para finais de xuño, pasa agora a ser o 30 de agosto en Europa e o 27 de agosto en América, sen explicar os motivos deste atraso. Dende a compañía limitáronse a dicir que foi por “cuestións de negocios”.
Para os que non podedes agardar máis, un video con 15 minutos de xogo:
Nunca pensei que despois da segunda entrega houbese continuación…Polo menos esperemos que sexa mellor.