Coa participación de mais de 250.000 consumidores norteamericanos, “The consumerist” pechou a súa macroenquisa co mesmo vencedor que o ano pasado; Electronic Arts (EA). A compañía americana non so acadou este dubidoso “honor”, senon que novamente bateu por goleada (ou foi batida, segundo se mire) en tódalas eliminatorias, impoñéndose a nominadas como Facebook ou o tamén odiadísimo Bank of América.
O ano pasado este resultado explicouse fundamentalmente polo descontento dos fans de Mass Effect, que desenvolveran unha intensa campaña na rede nos meses posteriores ao lanzamento de ME3, mais a repetición dos resultados un ano mais tarde demostra que EA segue sen convencer coas súas políticas de desenrolo e de venta. Recentes problemas con Origin ou Sim City, e a pésima xestión das que foran as súas franquícias mais queridas polo público volven levala ao alto do podium dos mais odiados.
A compañía respondeu a este novo golpe publicitario por boca de Peter Moore, quen admitíu erros e declarou; “Podemos mellorar. Imos mellorar”. Segundo Moore, os erros inclúen “apagóns de servidores recentemente, ou xogos que non cumpliron co que se agardaba deles, erros nos prezos dos novos modelos de negocio e, hai pouco, os problemas de lanzamento de Sim City”. “Debémoslles aos xogadores mellores resultados”-aclarou.