Onte volvían agromar os rumores que apuntaban á posibilidade de que a nova XBOX (de nome clave Durango) necesite estar permanentemente conectada á rede para funcionar. Aparentemente os rumores foron reavivados por fontes da revista Kotaku, que concretaban mesmo que os xogos interrumpirían o seu normal funcionamento se a conexión á rede se perdese durante uns minutos.
Mais se onte era un novo ruxe-ruxe, hoxe sae á palestra Adam Orth, director creativo de Microsoft Game Studios, para amosarse públicamente favorábel á conexión permanente dos videoxogos. Fíxoo a través de Tweeter onde, entre outras cousas, defendía a “modernidade” de este formato e soltaba un lapidário “acéptao” a usuarios alarmados polos rumores e descontentos con que a rede comece a convertirse nunha cárcere para xogadores offline. Aínda que este tipo de plantexamento é xustificado como unha vía para manter ao usuario actualizado e informado mesmo en títulos offline, a utilidade fundamental é o control das copias ilegais e o manter ao xogador sometido a constante publicidade de outros títulos ou contidos descargábeis.
As declaracións de Orth foron nun ámbito informal e en absoluto representan unha comunicación oficial da compañía, mais parecen apuntar na mesma dirección que os rumores até agora difundidos por importantes medios do sector nos últimos meses.
O que non me parece xustificábel desta persoa é a forma de dicir as cousas, con tono burlesco incluído como:
Para que demo quería eu vivir alí? (Cando lle mencionan pobos e aldeas nas que moita xente non ten internet)
Deberían poñerse ao día e conseguir internet.Mola bastante (Cando lle din que hai xente que non dispón de internet)
E referíndome á nova, dame medo este feito, sempre fun xogador offline e gustaríame continuar así, e aínda que polo de momento só son rumores, Cada vez son máis habituais, polo tanto…
Menudo aparavado, e coma sempre microsoft crendose os reis do mundo canda xa vai tempo que os superaron en todos os aspectos…
Fraco favor lle van facer ás videoconsolas con estas medidas. Dame a min que os fabricantes de hardware para PC xa se están a frotar as mans…
Prefiro non falar desas “declaracións” (por chamalas algo) dun directivo dunha compañía que se supón seria. Unha cousa é que fagas eses comentarios nunha charla cos amigos e outra que o digas públicamente representando a quen representa este individuo.
Internet estáse convertindo nunha cárcere para moitos usuarios, mais do que unha vantaxe, iso é triste, pero o problema de fondo son as políticas comerciais que se están poñendo en práctica en xeral… eu comezo a acreditar nos que profetizan un novo crack do 83´ para a industria.