Despois de mercar fai uns meses a compañía de George Lucas, LucasArts, por uns 4 mil millóns de dólares, a compañía Disney acaba de anunciar que pechará a división de videoxogos da compañía para pasar dun modelo de creación propia a un modelo venta de licenzas.
Isto parece confirmar que os dous principais proxectos que tiña a compañía, «Star Wars 1313» e «Star Wars: First Assault» serán cancelados, aínda que pode que se lle venda a licenza a outro estudo e acaben vendo a luz.
Nun comunicado a compañía comentou:
“Despois de avaliar a nosa posición no mercado dos videoxogos, decidimos cambiar LucasArts dun modelo de desenvolvemento interno a un modelo de licenzamento, minimizando o risco para a empresa, acadando un catálogo máis amplo de calidade de xogos de Star Wars. Como resultado desa mudanza, tivemos despedimentos en toda a organización. Estamos incriblemente gratos e orgullosos dos equipos talentosos que están a desenvolver os nosos novos títulos.”
Segundo certos informes, onte mesmo, 3 de abril, os ao redor de 150 traballadores da empresa foron informados do peche e o seu despedimento.