Anunciado o xogo de mesa de Bioshock: Infinite

Por: Mércores, 3 de Abril de 2013

xogo mesa bioshock

A terceira entrega de Bioshock está levando unhas críticas moi aptas cunha acollida entre os seguidores aínda mellores, e para seguir tirando da corda, PlaidHat Games lanzará o xogo de mesa de Bioshock Infinite nos próximos meses.

Neste xogo deberemos controlar ou destruír a cidade voadora de Columbia, aínda que non se concretaron as regras.

Cada equipo contará coas súas propias figuriñas e no taboleiro estarán ben representadas cada unha das partes da cidade que vivimos no videoxogo.

Se vos interesa podédelo adquirir na páxina de PlaidHat Games a un prezo de 59.90$, iso si, polo de momento en inglés.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario