[Tráiler] Thief

Por: Martes, 2 de Abril de 2013

Aínda que o único que sabemos deste título é que sairá para PS4, PC e outras consolas de próxima xeración, Square Enix xa lanza o primeiro tráiler de Thief.

Meterémonos na pel dun experto ladrón no que parece que haberá absoluta liberdade de movemento para realizar os nosos propósitos, todo isto nunha perspectiva en primeira persoa e polo que parece cunha ambientación bastante escura.

Por certo, non vos recorda algo a Dishonored?

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

2 Comentarios a “[Tráiler] Thief”

  1. Elrohir di:

    Como que o único que sabemos…? e logo este xogo non é unbha secuela doutros 3 anteriores? http://en.wikipedia.org/wiki/Thief_(series)

Deixar un comentario