Parece que Square Enix non está pasando polo seu mellor momento, e despois de que o seu presidente abandonase o barco, as cifras dos seus xogos máis “exitosos” tampouco confirman unha mellora da compañía nipona.
Títulos como Tomb Raider, Sleeping Dogs e Hitman: Absolution non acadan as vendas que se estimaban para a súa rentabilidade e aínda que a primeira vista parece que a recaudación foi “decente” (Tomb Raider, 3.4 millóns de copias vendidas; Sleeping Dogs,1.75 millóns e Hitman: Absolution, 3.6 millóns), as perdas totais da compañía foron de 108 millóns de euros.
Estaremos ante a degradación final de Square Enix, unha das máis importantes da industria?
A política de lanzamentos de Square Enix é lamentábel, queimando as súas mellores referencias con lanzamentos constantes de baixa calidade para tropecentasmil plataformas, excluíndo ou maltratando moitos dos seus mellores lanzamentos xaponeses en occidente, e facendo declaracións públicas moi pouco afortunadas sobre “o traballo que dan” determinadas cousas. Igual isto confirma que esta compañía precisa pensarse un pouco algúnhas cousas.