A Ouya terá emuladores de NES e SNES

Por: Luns, 25 de Marzo de 2013

ouya

Segundo parece, hai varios grupos de desenroladores traballando nunha aplicación que permita á videoconsola Ouya emular videoxogos tanto da NES como da SNES. Se ben os emuladores están na liña da ilegalidade, son unha popular alternativa para poder xogar a videoxogos antigos que son difíciles de conseguir.

A Ouya saltou á fama o verán pasado cando as súa campaña na páxina Kickstarter recadou algo máis de 8,5 millóns de dólares para a súa financiación. Aqueles usuarios que axudaron nesa campaña comezarán a recibir as consolas en breve, tal e como anunciou a compañía e como vos informamos anteriormente. Para os que chegáchedes tarde á campaña de financiación e estades interesados en adquirir unha, non vos preocupedes, pois está previsto que esté no mercado a partir do vindeiro xuño por uns 99$.

Sobre o autor:

@NetOverflow | Ver as entradas publicadas por NetOverflow »

«A miña primeira consola propia foi unha das míticas compatibles coa NES que traían un feixe de xogos dentro. Máis tarde adquirín unha SNES coa que botei moitas horas diante da televisión, ata que me pasei ó mundo do PC, onde descubrin un mundo novo. Actualmente ando entre os xogos de PC e os de XBOX 360, aínda que de cando en cando, conecto a SNES para volver desfrutar cos seus grandes xogos.»

Deixar un comentario