A compañía Valve acaba de lanzar unha nova sección na súa popular plataforma de videoxogos Steam na que os usuarios poderán pagar por ter acceso a xogos que aínda están en fase de desenrolo. Como recompensa, os xogadores terán descontos no prezo da versión final do xogo.
Esta nova sección, lanzada onte mesmo, estreouse cun total de 12 videoxogos dispoñibles, algúns deles en fase alpha e que contarán con numerosas actualizacións segundo o proceso de creación do xogo avance.
Segundo Valve: “O principal obxectivo de “Early Access” é permitir aos xogadores ver o que hai detrás das escenas e experimentar o proceso de desenrolo na creación dos videoxogos e, o máis importante, permitirlles interactuar cos creadores proporcionándolles a importante “retro-alimentación” durante a creación do videoxogo.”
“Para permitir a interacción entre os xogadores e os creadores, Steam ofrecerá actualizacións automáticas, o que permitirá aos creadores responder rápidamente ás suxerencias e os erros que envíen os xogadores.”
Os 12 primeiros títulos dispoñibles en “Early Access” son:
- 1… 2… 3… KICK IT! (Drop That Beat Like an Ugly Baby)
- Arma 3
- Drunken Robot Pornography
- Gear Up
- Gnomoria
- Kenshi
- Kerbal Space Program
- Kinetic Void
- Patterns
- Prison Architect
- StarForge
- Under the Ocean
Máis información na páxina oficial.