Segundo a última filtración na web VGLeaks de varias capturas de pantalla do Kit de Desenrolo da vindeira videoconsola de Microsoft (nome en clave: “Durango”) requerirá a instalación de todos os videoxogos no disco duro, do que aínda se descoñece a capacidade, pero que segundo parece terá suficiente para un bo numero de xogos. Se ben os xogos serán distribuídos en discos BluRay, éstes servirán simplemente como método de distribución, pois non se poderá xogar directamente dende eles.
Por outra banda, a videoconsola terá a función “Sempre acesa, sempre conectada” que permitirá a inmediata dispoñibilidade para que os xogadores non teña que agardar reiniciando a videoconsola ou instalando actualizacións, cun mínimo consumo de enerxía. Pese a esta política, similar a anunciada para a PlayStation 4, xa hai voces que critican que esa funcionalidade “sempre conectada”, só será un xeito de enmascarar un sistema antipiratería e que posiblemente sexa a que acabe co mercado de videoxogos de segunda man.
Segundo as imaxes tamén parece confirmarse o rumor que dicía que tería un novo sensor Kinect con maior sensibilidade.
Fonte das imaxes: VGLeaks.com