FFX-2logo

 O que comezou coma un rumor víuse confirmado pola filtración na rede dunha páxina escaneada da revista JUMP na que se ía facer pública a nova. Segundo os novos datos agora disponíbeis, a versión que será posta á venta para PlayStation 3 incluirá a versión remasterizada da que foi a súa secuela, moi contestada no seu momento polos fans, pero imprescindíbel para completar a historia proposta neste capítulo da mítica saga de Square.

Isto non é aplicábel á versión que se comercializará para PS Vita, onde ambos xogos venderánse por separado. Aínda que cabe supoñer que nesta versión os prezos veránse reducidos, moitos usuarios da portátil comezaron a trasladar a súa incomodidade a Square-Enix polo trato diferencial.

 A pesar da confirmación destes datos seguimos sen ter ningúnha data estimada para o lanzamento do xogo, mais parece que se mantén a intención da compañía de lanzalo ao longo deste 2013.

Sobre o autor:

@Moucho Branco | Ver as entradas publicadas por Moucho Branco »

«Houbo dous comezos entre os videoxogos e mais eu. O primeiro remóntase a mediados-finais dos 80 e a un Amstrad, un monitor monocromo, e unhas cintas que tardaban o tempo xusto en cargar os xogos para facer a modiño un bocadillo de nocilla. Eran os tempos das quests deseperadas por moedas de 5 pesos co fin de rebentar algún arcade. Logo chegou a NES e a primeira era das consolas, que deixaría momentos gloriosos nos 8 e 16 bits. O segundo comezo foi coa era das tres dimensións e a chegada ás casas dos 32 bits. Foi entón cando comprendín que ao madurar non esquecería os videoxogos, senón que terían o bonito detalle de madurar comigo. E até hoxe seguimos madurando xuntos, (van gañando eles).»

Deixar un comentario