Segundo as recentes declaracións do director creativo Jean-Max Morris,algunhas compañías distribuidoras rexeitaron publicar Remember Me porque a protagonista do xogo era unha muller. Segundo Morris, o papel da protagonista encaixa perfectamente no xogo e non entende porqué algunhas distribuidoras o rexeitaron, antes de que Capcom se decidira a publicalo.
Tamén comentou que algunhas compañías respondérolle directamente: “Non queremos publicalo porque non vai ter éxito. Non podes ter un papel feminino nos videoxogos. Ten que ser un personaxe masculino, así de simple.” Ante a posibilidade da protagonista tivese un romance cun home, engadiron: “Non podes facer que un home como o xogador bique a outro home no xogo. Iso faráo sentir raro…”
Parece incrible que en pleno 2013, sigan existindo estas mentalidades…
O lanzamento de Remember Me está previsto para o 7 de xuño(en Europa) para PC, PS3 e XBOX 360.