SimCity vende máis de 1 millón de copias

Por: Martes, 19 de Marzo de 2013

simcity
A nova entrega do SimCity, a pesar da enorme polémica que está a xerar, acadou máis de 1 millón de copias vendidas nas dúas semanas que leva á venda, segundo un comunicado de Electronic Arts.

Nese mesmo comunicado, tamén incluíron outros datos de interese:

  • Os xogadores acumularon máis de 15 millóns de horas xogadas
  • Creáronse máis de 5,7 millóns de cidades.
  • Construíronse máis de 780 millóns de edificios.
  • Constríronse suficientes kilómetros de estradas e vías de ferrocarril suficientes para dar a volta ao mundo 40.000 veces.

Por outra banda, Electronic Arts afirmou que incrementou nun 400% a capacidade dos seus servidores, polo que os problemas de conexión, pode que pronto sexan cousa do pasado. Como xesto para pedir perdón, como podedes ver na súa páxina oficial, ofrecerán completamente gratis un videoxogo da seguinte lista aos usuarios polos problemas xerados.

  • Battlefield 3 (Standard Edition)
  • Bejeweled 3
  • Dead Space 3 (Standard Edition)
  • Mass Effect 3 (Standard Edition)
  • Medal of Honor Warfighter (Standard Edition)  
  • Need For Speed Most Wanted (Standard Edition) 
  • Plants vs. Zombies
  • SimCity 4 Deluxe Edition 

Sobre o autor:

@NetOverflow | Ver as entradas publicadas por NetOverflow »

«A miña primeira consola propia foi unha das míticas compatibles coa NES que traían un feixe de xogos dentro. Máis tarde adquirín unha SNES coa que botei moitas horas diante da televisión, ata que me pasei ó mundo do PC, onde descubrin un mundo novo. Actualmente ando entre os xogos de PC e os de XBOX 360, aínda que de cando en cando, conecto a SNES para volver desfrutar cos seus grandes xogos.»

2 Comentarios a “SimCity vende máis de 1 millón de copias”

  1. Elrohir di:

    Dado que tiña interese no SC5 e no ME3 e, menormente, noutros deses títulos; estaba a plantexarme seriamente mercar o SC5 para conseguir un “desconto” do 50%.

    Ata que seguín a ligazón, e vin que só o ofrecen para Origin… Unha vez máis, EA intentando colar os seus mecanismos de control dos usuarios como produto.

Deixar un comentario