No marco da convención de seguridade Black Hat en Amsterdam, investigadores de ReVuIn deron unha conferencia titulada: “Inseguridade EA Origin: Cando os bugs locais se volven remotos… outra vez” na que demostraron que o programa de Electronic Arts permite a un hacker explotar unha vulnerabilidade que lle permite executar “código malicioso”, sen interactuación ningunha por parte da vítima.
Dende Electronic Arts, limitáronse a comentar que os seus equipos traballan contínuamente no seu sistema de seguridade, polo que cabe agardar que pronto solucionen o problema cunha actualización.
O que lle faltaba a EA, que me metan goles no Origin, agora… :S
Si, a verdade é que últimamente EA non da unha…