Polo que se pode ver nunha imaxe na páxina oficial do videoxogo, todo parece indicar que a compañía Ubisoft podería anunciar o Might and Magic X a vindeira fin de semana durante a celebración do PAX East, en Boston.
Esta popular saga de rol, de moito éxito a comezos dos anos 90, chegaría así á súa décima entrega, despois de algo máis de dez anos sen novidades dende que en 2002 saíra á venda o Might and Magic IX (Writ of Fate).