Segundo comentou un usuario na páxina NeoGAF, investigando algúns arquivos do novo SimCity, descubríu unha liña do código que forza ao xogo a pecharse se o usuario está máis de 20 minutos sen conexión. Comentando esa liña de código permite que o usuario siga xogando sen ter que estar conectado aos servidores de Electronic Arts. A única pega disto é que, polo de agora, non se poden gardar as partidas ao non estar conectado ao servidor.
Este descubrimento ven a continuar coa enorme polémica creada polos fallos de conexión dos servidores aos que están obrigados a conectarse os xogadores para poder xogar ao videoxogo, como xa vos comentamos anteriormente
Mentres dende Maxis (creadora do videoxogo e propiedade de EA), seguen a excusarse en que o novo SimCity é un MMO debido, segundo eles, á demanda de moitos usuarios aos que lles gustaría poder xogar e comerciar con outras cidades doutros usuarios.
Os detractores (que non son poucos…) afirman que o «sempre en liña» é un DRM disfrazado e pretende controlar aos usuarios, dende a compañía afirman que é básico para o atractivo do videoxogo.