Os estudos Spider acaban de poñer na rede a web oficial do xogo no que traballan. Trátase dun RPG de estética Cyberpunk ambientado en Marte do que facilitan novas imaxes e vídeos. A web permítenos tamén obter información sobre as clases e a mecánica de combate do título. Segundo relatan na nova información disponíbel, os seus creadores prometen un amplo marxe de personalización e especialización nas persoaxes e grande variedade de misións.
En canto ao narrativo, o xogo sitúanos nun Marte futuro colonizado polo home no que o ben mais prezado é a auga, pola que loitan diferentes corporacións. Os xogadores encarnaremos a Roy Temperance, un aventureiro collido no medio do caos que reina no planeta.
Aínda que non se facilita unha data concreta, o xogo saíra ao longo deste ano para PC, PS3 e XBOX360, pero so a través de distribución dixital.