Este é o primeiro vídeo que facemos desde Memoria Pixelada. Se ten moitas visitas, faremos máis videoclips como este con outras cancións de grupos galegos. Que vos parece? Hai algunha canción en especial que vos apetecería ver feita un videoclip pixelado?
[Videoclips Pixelados] Sempre nos matan (Ataque Escampe)
Domingo, 17 de Marzo de 2013
Moi bo 😀
Vexo a Mario un pouco sobreactuado, porque máis que matalo o fulano suicídase XD Moi bo vídeo, parabéns.
PD: Faltou o cogomelo malo do The Lost Levels.
Eu pensei o mesmo: non creo que un redactor pixelado morra dalgúns deses xeitos 😛
Non critiquedes, eh? Que xa bastante esforzo foi xogar a todos eses xogos de Mario para gravar os vídeos. Agora terei que botar unhas cantas partidas ao Sonic para desintoxicarme.
AmilGZ, decepcionáchesme… Mira que facer o primeiro vídeo con Mario e non con Sonic!!! Ti, que eres tan fan do ourizo azul!!!
Moi bo o vídeo. 😉
P.D: Para cando cunha canción de Ana Kiro? xDD
Xenial!!! Sempre pensei que esta canción merecía un videoclip así. Tivestes que xogar moito para conseguir todas estas imaxes, mi má!
Agora… queremos máis!!! Persoalmente gustaríame algunha do Leo e Arremcaghona 🙂
jajaja mola moito o video! moi bo traballo! ^^
Eu veria interesante combinar Dios ke te crew con algun xogo tipo Devil May Cry ou o novo Metal Gear, asi como suxerencia XDD
Animo coa paxina e seguide asi! 🙂