Este é o primeiro vídeo que facemos desde Memoria Pixelada. Se ten moitas visitas, faremos máis videoclips como este con outras cancións de grupos galegos. Que vos parece? Hai algunha canción en especial que vos apetecería ver feita un videoclip pixelado?

Sobre o autor:

@AmilGZ | Ver as entradas publicadas por AmilGZ »

«Cando tiña 8 anos regaláronme a miña primeira consola, unha Mega Drive noviña do trinque. No momento en que a conectei á televisión e vin un ourizo azul a rodar pola pantalla, notei un bolboretear no meu estómago. Resultaron ser gases, mais aínda así gostei bastante dos videoxogos en xeral e de Sonic the Hedgehog en particular. Comezou así unha bonita historia chea de amor, sangue e bolachas de dinosauro que se estende até a actualidade.»

7 Comentarios a “[Videoclips Pixelados] Sempre nos matan (Ataque Escampe)”

  1. Vexo a Mario un pouco sobreactuado, porque máis que matalo o fulano suicídase XD Moi bo vídeo, parabéns.

    PD: Faltou o cogomelo malo do The Lost Levels.

  2. NetOverflow di:

    AmilGZ, decepcionáchesme… Mira que facer o primeiro vídeo con Mario e non con Sonic!!! Ti, que eres tan fan do ourizo azul!!!

    Moi bo o vídeo. 😉

    P.D: Para cando cunha canción de Ana Kiro? xDD

  3. Mariana di:

    Xenial!!! Sempre pensei que esta canción merecía un videoclip así. Tivestes que xogar moito para conseguir todas estas imaxes, mi má!
    Agora… queremos máis!!! Persoalmente gustaríame algunha do Leo e Arremcaghona 🙂

  4. Dieghinho di:

    jajaja mola moito o video! moi bo traballo! ^^
    Eu veria interesante combinar Dios ke te crew con algun xogo tipo Devil May Cry ou o novo Metal Gear, asi como suxerencia XDD
    Animo coa paxina e seguide asi! 🙂

Deixar un comentario