Días despois do seu lanzamento, o SimCity segue a crear polémica entre moitísimos usuarios, debido á necesidade de estar sempre conectado á Internet e os fallos de conexión dos servidores de Electronic Arts, que impiden xogar normalmente aos usuarios. E é que se obrigas aos xogadores a estar sempre conectado, como mínimo, deberíase ter unha infraestructura adecuada para soportar a demanda, sobre todo, cando eses usuarios pagaron unha boa cantidade para poder xogar.
Onte mesmo, moitos dos furiosos seguidores desta saga viron a luz, cando un usuario publicou na páxina Reddit.com que aproveitando a posibilidade de facer modificacións que ten o xogo (como nas sagas anteriores que tanto éxito tiveron e que lle deron unha enorme vida), conseguíu habilitar o modo debug (desbichador, que traduciría un antigo profesor meu… xD) que lle permitíu xogar sen ter que estar conectado. Dende EA apresuráronse a eliminar o fío dos seus foros e comentar que se o xogo require conexión online é para aproveitar ao máximo certas características deste.
Outro dos motivos das iras dos usuarios é o reducido tamaño que teñen as cidades nesta entrega, moito máis pequenas que nas anteriores.
En vez de avanzar, parece que vamos para atrás…
Moi mal, Electronic Arts, MOI MAL!!!
Franquícias miticas escaralladas por EA, capítulo mil.
Non te preocupes, que xa teñen case preparada a seguinte entrega: “Command & Conquer”…