tgs-2012-sea-of-humanity-720.0_cinema_640.0

 O grande referente da industria nipona do videoxogo ven de anunciar as datas nas que se celebrará neste 2013. Será concretamente do 19 ao 22 de setembro, e nesta ocasión fará mais doado o seguimento dende occidente, ao habilitar unha canle de vídeos dende as que se transmitirán presentacións e eventos. O lema desta edición vai ser; “GAMES: Limitless Evolution” (XOGOS: evolución sen límites), e de feito, a evolución do medio será o tema central do evento.

Despois duns anos nos que veu perdendo forza fronte a outras convocatorias, e particularmente fronte ao E3, o TGS 2013 quere ser de novo referencia a nivel mundial, para o que introducirá numerosos cambios de formato e tentará aproveitar o filón PS4 a poucas semanas do seu lanzamento.

Sobre o autor:

@Moucho Branco | Ver as entradas publicadas por Moucho Branco »

«Houbo dous comezos entre os videoxogos e mais eu. O primeiro remóntase a mediados-finais dos 80 e a un Amstrad, un monitor monocromo, e unhas cintas que tardaban o tempo xusto en cargar os xogos para facer a modiño un bocadillo de nocilla. Eran os tempos das quests deseperadas por moedas de 5 pesos co fin de rebentar algún arcade. Logo chegou a NES e a primeira era das consolas, que deixaría momentos gloriosos nos 8 e 16 bits. O segundo comezo foi coa era das tres dimensións e a chegada ás casas dos 32 bits. Foi entón cando comprendín que ao madurar non esquecería os videoxogos, senón que terían o bonito detalle de madurar comigo. E até hoxe seguimos madurando xuntos, (van gañando eles).»

Deixar un comentario