Despois de case 4 anos de duro adestramento, Memoria Pixelada gañaba os seus últimos puntos de experiencia para subir de nivel e evolucionar. Así, o 21 de febreiro de 2012 Memoria Pixelada evolucionou en Memoria Pixelada 3.0. Unha nova aparencia, un novo logo, un novo estilo.
Desde o propio web, como é obvio, dedicamos unha nova a falar sobre esta nova etapa que comeza. Mais non fomos os únicos que se fixeron eco desta boa nova. E como os pixeleiros sómosvos xente moi ben educada, a modo de agradecemento, facemos mención a todos os medios que deron conta do noso redeseño.
- No Chuza!, o sitio de novas galegas cun control editorial non xerárquico, a nova chegou á capa con 26 votos.
- Código Cero, o diario de novas tecnolóxicas de Galiza, dedicounos un artigo completo no seu sitio. Temos que salientar que a xente de Código Cero xa se ten portado moi ben connosco no pasado, desde o noso mesmo nacemento.
- Certo, o xornal virtual do Barbanza, destacounos na súa portada e dedicounos tres chíos (un, dous e tres) na súa conta do Twitter.
- Crónica3, o xornal dixital da Mariña, tamén nos dedicou unha reseña no seu web.
- Que pasa na Costa, o xornal da Costa da Morte, tamén nos dedicou un chío no Twitter e unha actualización de estado no Facebook.
- Tamén nos dedicaron algúns chíos outras contas do Twitter (@GalegoGalicia, @redevituin, @galiza) aos que lles estamos igualmente agradecidos.
E non podemos esquecernos de todos os webs que teñen ligazóns a Memoria Pixelada e de todas as persoas que nos len acotío e gustan, rechouchían e comentan os nosos artigos. Porque vós, desde o outro lado da pantalla, sodes quen dá sentido a este web.
e polo Facebook!! http://www.facebook.com/photo.php?fbid=10151501314122177&set=pb.54096792176.-2207520000.1362856436&type=3&theater