Despois do enorme éxito na súa campaña na web de crowdfunding Kickstarter, onde recadaron unha cifra superior aos 8 millóns e medio de dólares (nun principio, este proxecto precisaba soamente 950.000 dólares) o pasado verán (como xa vos falaramos neste artigo), os creadores do proxecto anunciaron que a partir do vindeiro 28 de marzo comezará a distribución das videoconsolas a toda a xente que axudou no proxecto contribuíndo cunha cantidade igual ou superior aos 99 dólares esixidos para esta recompensa.
Para os que non puidestes contribuír durante o verán pasado, non vos preocupedes: se estades interesados en adquirir unha unidade, terédela dispoñible a partir de xuño, por uns 100 $.
Máis información na páxina oficial