Segundo as verbas do Vice-presidente de Sony en Europa, Michael Denny, nunha entrevista, a seguinte entrega da saga Gran Turismo chegará á PlayStation 3 este mesmo ano 2013. En 2010 Kazunori Yamauchi (CEO de Polyphony Digital declarou que a súa compañía xa estaba a traballar no Gran Turismo 6, pero ninguén agardaba que saise para a PlayStation 3, estando tan próximo o lanzamento da seguinte videoconsola de Sony.
Gran Turismo 6 sairá este 2013 para PlayStation 3
Xoves, 28 de Febreiro de 2013