Despois do anuncio o mes pasado da súa bancarrota, THQ ven de anunciar que subastará as franquías das que aínda posúe os dereitos, como Darksiders, Homeworld, Red Faction, entre outras, o vindeiro mes de abril.
Polo de agora xa vendeu algunhas coñecidas como Homefront, Metro, South Park e WWE ás compañías Crytek, Koch Media, Ubisoft e Take Two, respectivamente.