deus-ex-human-revolution-hd-fond-d-cran-468008

  Square Enix, a través da súa división en Europa, rexistrou onte un novo título da veterana saga Deus Ex. Aínda que algúnhas das primeiras análises apuntaban a que podería referirse á versión cinematográfica que xa está en marcha, posteriormente confirmouse que os todas as pistas apuntan ao desenrolo dun novo xogo que podería anunciarse proximamente. Despois do éxito colleitado con “Human Revolution”, que devolveu a franquícia a un posto privilexiado na atención de público e crítica, era mais que probábel a edición de novas entregas.

  Os numerosos seguidores da saga terán que agardar agora un anuncio oficial que podería producirse nalgún dos numerosos eventos que aínda quedan no almanaque deste ano, nomeadamente o E3. Non será até entón cando coñezamos se o lanzamento se proxecta para as actuais consolas ou se o están a programar coa vista posta na inminente nova xeneración.

Sobre o autor:

@Moucho Branco | Ver as entradas publicadas por Moucho Branco »

«Houbo dous comezos entre os videoxogos e mais eu. O primeiro remóntase a mediados-finais dos 80 e a un Amstrad, un monitor monocromo, e unhas cintas que tardaban o tempo xusto en cargar os xogos para facer a modiño un bocadillo de nocilla. Eran os tempos das quests deseperadas por moedas de 5 pesos co fin de rebentar algún arcade. Logo chegou a NES e a primeira era das consolas, que deixaría momentos gloriosos nos 8 e 16 bits. O segundo comezo foi coa era das tres dimensións e a chegada ás casas dos 32 bits. Foi entón cando comprendín que ao madurar non esquecería os videoxogos, senón que terían o bonito detalle de madurar comigo. E até hoxe seguimos madurando xuntos, (van gañando eles).»

Deixar un comentario