SupaBoy, a Super Nintendo portátil

Por: Martes, 26 de Febreiro de 2013

SNES.portátil

A SupaBoy permíteche xogar cartuchos orixinais da SNES nunha pantalla LCD de 3,5 polgadas. O seu deseño imita ao gamepad orixinal da Super Nintendo, incluíndo a cruceta os botóns frontais e os botóns laterais L e R. Tamén inclúe dous portos dianteiros que son compatíbeis cos mandos normais da SNES, e saída de audio e vídeo. Así até dous xogadores poderán xogar á SupaBoy nunha pantalla de TV.

Características:

  • Dous portos frontais de 7 pins para mandos cablados
  • Deseño imitando a un mando da SNES
  • Tamaño da pantalla (diagonal): 3,5 polgadas (8,89 cm)
  • Batería recargábel de ión litio con até 5 h de autonomía
  • Adaptador mini USB AC
  • Medidas: 8,5 x 4 x 1,5 polgadas (21,59 x 10,16 x 3,81 cm)
  • Peso: 11,5 onzas (326 g)
  • Son estéreo
  • Saída AV
  • Saída jack para auriculares
  • Control de volume axustábel
  • Funda incluída

Comprar | 79,99$ en Hyperkin.com

Sobre o autor:

@AmilGZ | Ver as entradas publicadas por AmilGZ »

«Cando tiña 8 anos regaláronme a miña primeira consola, unha Mega Drive noviña do trinque. No momento en que a conectei á televisión e vin un ourizo azul a rodar pola pantalla, notei un bolboretear no meu estómago. Resultaron ser gases, mais aínda así gostei bastante dos videoxogos en xeral e de Sonic the Hedgehog en particular. Comezou así unha bonita historia chea de amor, sangue e bolachas de dinosauro que se estende até a actualidade.»

Deixar un comentario