Sony patenta un novo sistema anti-piratería

Por: Luns, 25 de Febreiro de 2013

PS4
Menos dunha semana despois do anuncio da PlayStation 4, sae a luz a nova patente da compañía nipona Sony dun sistema que detecta se o videoxogo é unha copia legal ou pirata baseándose nos tempos de carga.

sony-antipiracy

Diagrama de fluxo que amosa o funcionamento deste novo sistema


Esta nova medida, rexistrada como Benchmark Measurement for Legitimate Duplication Validation (Medición de referencia para a validación de duplicación lexítima), calcula o tempo que tarda en cargar o videoxogo e compárao cunha base de datos de referencia. Se a carga excede ese tempo de referencia, podería chegar a bloquear ao usuario.

Para evitar posibles falsos positivos, no caso que sexa detectado como posible copia falsa, execútase unha segunda comprobación que verifica a identidade do fabricante do soporte do formato onde está gravado o videoxogo e se se corresponde co orixinal.

Toda a información da patente nesta páxina (en inglés).

Sobre o autor:

@NetOverflow | Ver as entradas publicadas por NetOverflow »

«A miña primeira consola propia foi unha das míticas compatibles coa NES que traían un feixe de xogos dentro. Máis tarde adquirín unha SNES coa que botei moitas horas diante da televisión, ata que me pasei ó mundo do PC, onde descubrin un mundo novo. Actualmente ando entre os xogos de PC e os de XBOX 360, aínda que de cando en cando, conecto a SNES para volver desfrutar cos seus grandes xogos.»

Deixar un comentario