Evolution Studios non descarta a saga MotorStorm

Por: Luns, 25 de Febreiro de 2013

evolution-studios

Evolution Studios está completamente centrada no seu xogo de condución DriveClub que presentou a semana pasada no evento de Sony, mais despois do éxito que tivo a súa anterior saga de condución extrema, MotorStorm, non nos debemos sorprender se a volvemos ver na PS4 e máis despois das declaracións realizadas pola propia compañía:

“Estamos completamente inmersos no desenvolvemento de DriveClub, pero isto non significa que non vaiamos regresar a MotorStorm nun futuro.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario