Beercade: The Last Barfighter

Por: Sábado, 23 de Febreiro de 2013

Creada para a Big Boss Brewing Company, Beercade é a primeira máquina recreativa dispensadora de cervexa. En lugar de ser atendidos por un camareiro distraído, un representante da marca de cervexa ou un angustiado traballador nun festival, os amantes da cervexa poderán loitar até a fin para conseguir unha caneca das cervexas máis famosas de Big Boss.

Polo momento non hai novas de que Estrella Galicia vaia seguir o exemplo. Unha mágoa…

P.S: Nenos, o alcohol é moi malo, non o bebades. Adultos, o alcohol é moi malo, bebédeo con moderación.

Sobre o autor:

@AmilGZ | Ver as entradas publicadas por AmilGZ »

«Cando tiña 8 anos regaláronme a miña primeira consola, unha Mega Drive noviña do trinque. No momento en que a conectei á televisión e vin un ourizo azul a rodar pola pantalla, notei un bolboretear no meu estómago. Resultaron ser gases, mais aínda así gostei bastante dos videoxogos en xeral e de Sonic the Hedgehog en particular. Comezou así unha bonita historia chea de amor, sangue e bolachas de dinosauro que se estende até a actualidade.»

Deixar un comentario