The_Last_Guardian

Despois da presentación da Playstation 4 o director de Sony, Shuhei Yoshida estivo a responder as preguntas da prensa, e como era normal, unha delas era sobre un dos xogos máis esperados polos usuarios de Playstation, The Last Guardian.

Os seus desenvolvedores xa fixeron oficial que estaban a ter problemas técnicos na realización do título, polo que non tardaron en correr os rumores sobre a chegada de The Last Guardian á PS4, aínda que os responsábeis sempre mantiveron que sería un título exclusivo de PS3.

Con todo isto no aire, o director de Sony evitou pronunciarse ao respecto:

“Non estou preparado para falar diso. Síntoo. Rompimos moitas promesas e estamos a esperar o momento adecuado para reintroducir The Last Guardian.”

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario