859427_428537930554929_1919138100_o

O peche da triloxía do/a comandante Shepard será definitivo dentro de poucos días, ao recibir o seu último contido descargábel tanto para o modo historia como para o modo multixogador. Este último será o primeiro en chegar, e o fará de xeito gratuíto o próximo día 26 baixo o título “Reckoning”.

Para os novos contidos da campaña haberá que agardar até o vindeiro 5 de marzo, cando nos chegará o DLC “Citadel”. “Citadel” habilitará novas áreas na ciudadela e nos situará sobre a pista dunha conspiración contra Shepard no epicentro da política galáctica. Segundo Casey Hudson significou un grande esforzo por dar ao xogador a oportunidade de despedirse das súas persoaxes favoritas de toda a saga, así coma de dar un peche mais completo aos romances que poida ter vivido o comandante ao longo da súa aventura. Sen que se teñan dado nomes mais aló do que se ve nas imaxes publicitarias, Bioware informou de que iso inclúe persoaxes que non formaron parte do noso equipo en ME3.

Con isto a sección de EA pecha definitivamente a triloxía de Shepard para centrarse aparentemente no desenrolo do que será o próximo xogo do universo Mass Effect, para o que en días previos estiveron sondeando opinións de usuarios.

Sobre o autor:

@Moucho Branco | Ver as entradas publicadas por Moucho Branco »

«Houbo dous comezos entre os videoxogos e mais eu. O primeiro remóntase a mediados-finais dos 80 e a un Amstrad, un monitor monocromo, e unhas cintas que tardaban o tempo xusto en cargar os xogos para facer a modiño un bocadillo de nocilla. Eran os tempos das quests deseperadas por moedas de 5 pesos co fin de rebentar algún arcade. Logo chegou a NES e a primeira era das consolas, que deixaría momentos gloriosos nos 8 e 16 bits. O segundo comezo foi coa era das tres dimensións e a chegada ás casas dos 32 bits. Foi entón cando comprendín que ao madurar non esquecería os videoxogos, senón que terían o bonito detalle de madurar comigo. E até hoxe seguimos madurando xuntos, (van gañando eles).»

Deixar un comentario