Hai uns días publicaron na web VGLeaks as características do sensor Kinect da vindeira videoconsola de Microsoft (nome en clave: Durango), da que tamén filtraron algúns datos tempo atrás.
Polo visto, todas as novas consolas incluirán este novo sensor, moito máis avanzado e con maior precisión que o seu predecesor.
Entre as novas características cabe salientar:
- Un maior ángulo de visión: que pasa dos 57.5º horizontais e 43.5º verticais a 70º e 60º, respectivamente.
- Calidade de vídeo: dos 640×480 píxeles a 15 fps, chegará aos 1920×1080 píxeles a 30 fps.
- Calidade do sensor infravermello: dos 320×240 píxeles actuais aos 512×424 píxeles.
- Latencia: baixa dos ~90ms actuais a ~60ms, co que terá unha resposta máis rápida aos nosos movementos diante do sensor.
Con todas as melloras anteriores, os rumores falan que este novo sensor permitirá recoñecer ata 6 xogadores ao mesmo tempo (claro que a ver quen ten un salón cun tamaño suficiente para 6…) e incluso será capaz de recoñecer se temos as mans abertas ou pechadas.
Máis datos na web VGLeaks