Acaba de rematar a conferencia de Sony e para que non vos perdades ningún detalle farei un breve resumo sobre o que se anunciou oficialmente.
Como aínda non temos á nosa disposición demasiado material visual, iremos actualizando á medida que cheguen ás nsoas mans. Comecemos.
1- Sony anuncia oficialmente PS4, o segredo sabido por todos pero que se fai oficial, así como o seu novo pad, que incluirá pantalla táctil e cámara.
Parece que os rumores sobre o novo mando foron certas, mais da consola non amosaron absolutamente nada. Quedaremos coas ganas e verémola no E3.
Despois pasan longo tempo falando sobre o online, as posibilidades, a unión entre redes sociais e videoxogos, etc.
2-Anuncian Knack, o primeiro xogo oficial de PS4. Cun apartado técnico similar aos filmes de animación chéganos esta mistura entre plataformas e aventuras, na que nos poñen na pel dun protagonista capaz de transformarse para superar os diferentes retos.
3- Despois disto fai aparición Killzone: Shadow Fall, a nova entrega que aterrará en PS4 e na que parece que deixan o ambiente “suburvial” do anterior título para ofrecer máis claridade e efectos de luz, o que non significa que os tiros non sigan vixentes.
Aínda que cun apartado técnico bo, o salto gráfico non se aprecia tanto.
4- Drive Club foi o seguinte título en presentarse. Non podía faltar un título de conducción e desta volta non foi Gran Turismo, foi este xogo que nos permitirá crear as nosas propias carreiras e clubes para competir contra outros rivais reais. Aquí a presentación.
5- A primeira gran sorpresa da noite, xa que o crador daquel xenial Braid, apareceu anunciando a súa nova creación, The Witness, un fermoso videoxogo cheo de puzzles.
6- InFamous foi o seguinte en chegar, baixo o sobre nome de Second Son, volven os super poderes.
7-Media Molecule tamén estivo presente nunha presentación moi na súa liña, pretender que os usuarios creen as súas propias “cousiñas”.
8- Para min a sorpresa que máis recalco é a presentación da nova tecnoloxía gráfica creada por Quantic Dreams. Aquí é onde se comeza a ver o que pode ofrecer a PS4, aquí é onde realmente falamos dun salto significativo.
9- Outra gran sorpresa foi a intervención de Capcom, tamén presentando un novo motor gráfico, pero desta volta con demostración incluída, Deep Down.
10- Diablo 3 chegará á PS3 e PS4
11- Outro punto de inflexión no evento, Watch Dogs que xa nos sorprendera anteriormente volve facelo. E de que maneira.
12- Bungie fixo aparición amosando o seu primeiro título multiplataforma. Trae o nome de Destiny
E isto foi o máis destacado desta conferencia que tivo atento a medio mundo, na que polo menos non aburríu, como xa é máis habitual nos E3.
Despois da conferencia os medios de comunicación que están presentes onde se realizou o acto confirman outras dúas novas que van gustar a máis dun, a PS4 sairá este ano, supostamente cara o final, e tamén será capaz de executar xogos de pasadas xeracións mediante streaming.
Iremos ampliando as novas a medida que Sony vaia quitando prendas.