Anunciado GPS3: Masters of the World

Por: Xoves, 21 de Febreiro de 2013

gps3mow-1
Eversim ven de anunciar o lanzamento da nova entrega do seu coñecido simulador político: Geo-Political Simulator 3: Masters of the World.

Esta saga tan coñecida tanto polas súas posibilidades como polos enormes erros nas versións anteriores, pon ao xogador na pel do presidente dun país que debe dirixir correctamente para evitar levalo á ruina, en guerra cos paises veciños ou morto durante unha sublevación popular.

Nesta nova entrega teremos unha interface renovada e un mapamundi moito máis detallado que en entregas anteriores, así como múltiples novas opcións de xestión do país.

gps3mow-2

O prezo do lanzamento é de 49,95 € e está prevista a súa saída entre o 15 e o 31 de marzo.
Polo de agora e durante un tempo limitado, teredes un 10% de desconto na reserva antes do lanzamento, co que aforraredes 4,95 €.

Máis información na páxina oficial.

Sobre o autor:

@NetOverflow | Ver as entradas publicadas por NetOverflow »

«A miña primeira consola propia foi unha das míticas compatibles coa NES que traían un feixe de xogos dentro. Máis tarde adquirín unha SNES coa que botei moitas horas diante da televisión, ata que me pasei ó mundo do PC, onde descubrin un mundo novo. Actualmente ando entre os xogos de PC e os de XBOX 360, aínda que de cando en cando, conecto a SNES para volver desfrutar cos seus grandes xogos.»

Deixar un comentario