Que os responsábeis de God of War:Ascension non deixen de falar do multixogador desta nova entrega non gustou demasiado aos seguidores e amantes das aventuras individuais, nos cales me atopo, mais Todd Papy, un dos principais responsábeis, dixo unhas palabras ao respecto:
“Imaxina facer God of War 3 e engadirlle a experiencia multixogador…
Ademais, os nosos “testers” remataron o xogo nunhas doce horas e sen pararse demasiado.
Este é o xogo máis ambicioso que fixemos.”
Non vou negar que me agradou que Ascension teña esta duración, mais son dos que pensan que ou te centras na campaña individual, ou no multixogador…