Algunha vez quixeches tocar un piano de bananas? Ou xogar ao Super Mario Bros. cun control feito de plastilina? Ou mesmo usar membros da túa familia (ou seres humanos en xeral) como botóns para controlar o teu computador? Pois dúas cousas: primeiro, iso é un pouco estraño, se cadra precisabas axuda profesional; e segundo… estás de sorte!

Todo comezou cunha idea de Jay Silver, que decidiu botar man do KickStarter para financiar o proxecto (foi nese web e non noutro, non vos vaiades crowfundir). O que era unha idea tola para a que precisaba 25.000$ acabou por recadar 568.106$ e virar un proxecto serio e real. E agora, meses despois, xa está todo pronto para que poidas comprar o xenial invento por apenas 49,95$ (máis 5,95$ de gastos de envio á Galiza).

Web do produto | http://www.makeymakey.com/
Comprar | http://joylabz.myshopify.com/products/makey-makey-kit

Sobre o autor:

@AmilGZ | Ver as entradas publicadas por AmilGZ »

«Cando tiña 8 anos regaláronme a miña primeira consola, unha Mega Drive noviña do trinque. No momento en que a conectei á televisión e vin un ourizo azul a rodar pola pantalla, notei un bolboretear no meu estómago. Resultaron ser gases, mais aínda así gostei bastante dos videoxogos en xeral e de Sonic the Hedgehog en particular. Comezou así unha bonita historia chea de amor, sangue e bolachas de dinosauro que se estende até a actualidade.»

Deixar un comentario