Gameplay de “Killzone: Mercenary”

Por: Xoves, 31 de Xaneiro de 2013

Como dixen onte, parece que a PS Vita comeza a resucitar lentamente, e un exemplo máis é o lanzamento do gameplay de Killzone: Mercenary para a portábel de Sony que a verdade, deixa moi bo sabor de boca.

Tendo en conta que os últimos FPS non foron alá moi correctos, recordemos Resistance e Call of Duty, este parece que si que vai estar á altura da portábel.

Un nivel gráfico moi bo, naves espaciais, ataques corpo a corpo, gran variedade de armas e todo isto nuns escenarios cheos de cousas e que non deixan de moverse. Promete.

O título poñeranos na pel nun grupo de mercenarios que realizará misións tanto para o bando ISA como Helghast e no que destacará o multixogador.

Polo de momento a esperar tocan,xa que até o 18 de setembro non chegará ás tendas.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario