Data de saída de “Soul Sacrifice”

Por: Mércores, 30 de Xaneiro de 2013

Aos poucos a PS Vita vai medrando no seu catálogo, moi aos pouquiños a verdade. Pero hoxe sabemos cando sairá á venda Soul Sacrifice, o último proxecto de Keiji Inafume (crador de Megaman, entre outros).

Soul Sacrifice será un xogo “brutal” segundo teñen catalogado os seus creadores. E non só porque poidamos arrincar a columna vertebral para empregala como arma, senón que o sangue e os monstros infernais estarán presentes durante todo o videoxogo.

Para aumentar a variedade, os desenvolvedores confirmaron que tamén haberá maxias e inimigos de gran tamaño.

Deste xeito, o 1 de maio poderemos ver como evolucionou este videoxogo, aínda que o apartado técnico continúe sen me convencer.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario