Podemos nadar todo o día cun Zora,
ou se cadra tirarnos a rebolos cos Gorons,
e despois ollar para o ceo de Hyrule,
e apañar bichos en botellas só para pasar o tempo.

Podemos dar unha volta montados en Epona,
encher os nosos contentores de corazóns até que estean cheos de amor.
Na túa ocarina tócasme cancións de berce,
nunca antes me sentira así.

Poden dicir que es o elixido,
iso non quere dicir que non te poidas divertir.
Ei! Escóitame cando che digo
que nin Ganon pode arredarme de ti.

Toquei a Triforza e conseguinte,
a todas as pezas do teu corazón hei de me apegar,
teremos un legado inesquecíbel
porque eu son a túa princesa do destino.

Non me poderían importar menos as rupias que teñas
ou os contos de vellas lendas,
ou criaturas mortíferas que teñamos que evadir,
nin sequera o Templo da Auga pode deter a nosa cruzada.

Quero estar sempre contigo,
a pesar de todo o que nos fagan pasar,
perdida nos bosques ou segura nos teus brazos,
no Reino Sagrado ou no medio do mal.

Cada día enfrontaremos un novo desafío,
vencerémolo sempre que nos abracemos.
Coraxe, sabedoría e poder,
este é o noso mellor momento.

Non tes que usar máscaras comigo
ou agacharte na árbore Deku,
sempre hei de estar ao pé de ti,
mesmo cos monstros que se ocultan dentro.

Sobre o autor:

@AmilGZ | Ver as entradas publicadas por AmilGZ »

«Cando tiña 8 anos regaláronme a miña primeira consola, unha Mega Drive noviña do trinque. No momento en que a conectei á televisión e vin un ourizo azul a rodar pola pantalla, notei un bolboretear no meu estómago. Resultaron ser gases, mais aínda así gostei bastante dos videoxogos en xeral e de Sonic the Hedgehog en particular. Comezou así unha bonita historia chea de amor, sangue e bolachas de dinosauro que se estende até a actualidade.»

Deixar un comentario