O Street Fighter da Dinahosting

Por: Domingo, 20 de Xaneiro de 2013

Para quen non a coñeza, Dinahosting é unha empresa galega de hosting e aloxamento web. Ten moi bos prezos, un atendemento ao cliente excepcional (e en galego) e, á parte, é a nosa orgullosa patrocinadora. Pero falamos ben dela porque o merece, eh? Non a gabamos por obriga 😉 [xa está, xa o dixen, agora devolvédeme o meu pobre gatiño, que el non ten culpa de nada…]

Fonte | Dinahosting

Sobre o autor:

@AmilGZ | Ver as entradas publicadas por AmilGZ »

«Cando tiña 8 anos regaláronme a miña primeira consola, unha Mega Drive noviña do trinque. No momento en que a conectei á televisión e vin un ourizo azul a rodar pola pantalla, notei un bolboretear no meu estómago. Resultaron ser gases, mais aínda así gostei bastante dos videoxogos en xeral e de Sonic the Hedgehog en particular. Comezou así unha bonita historia chea de amor, sangue e bolachas de dinosauro que se estende até a actualidade.»

1 Comentario a “O Street Fighter da Dinahosting”

  1. Agora que xa lle tiñamos agarimo… jajaja
    Moitas grazas polo voso comentario! 🙂

Deixar un comentario