Killer is Dead será o próximo título de Suda 51

Por: Mércores, 16 de Xaneiro de 2013

O aclamado pola crítica Suda 51 polos seus videoxogos Killer 7 e No More Heroes, volverá ao panorama con Killer is Dead, no que controlaremos a un cazador de asasinos con implantes cibernéticos que lle permitirá realizar accións imposíbeis para calquera outro humano.

Como xa é habitual en Suda 51 non faltará a espada como método de defensa, aínda que amplía as posibilidades cun brazo armado capaz de se transformar noutras armas, o que engadirá variedade ao título.

Parece que a ambientación beberá directamente de No More Heroes, aínda que como dixo o seu propio creador, queren afastarse do simple copia e pega, polo que existirá un forte contraste visual e un sistema de combate corpo a corpo de alta velocidade, así como un aspecto visual máis escuro e sanguinario.

En Occidente aínda non hai data de lanzamento, aínda que no país nipón poderán botarlle a man este mesmo verán.

Seguiremos informando.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario