O tema ponse cada vez máis serio, porque os rumores sobre que a próxima xeración de consolas está a caer multiplícanse día a día.

A última en lanzar un comunicado foi a revista GameInformer, a cal asegura que a próxima PS4 e Xbox 720 serán presentadas nun evento especial, moi preto da Game Developers Conference, feira de desenvolvedores que se celebra do 25 ao 29 de marzo na cidade de San Francisco.

A publicación menciona ter escoitado ás dúas compañías ofrecer conferencias de prensa para presentar as súas novas consolas.

De ser así, podemos dar por feito que no E3 veremos os primeiros xogos da nova xeración.

Non sei se este rumor é certo, mais o que si é verdade é que cando os rumores son tan numerosos será porque algo se coce, e deste ano non pasa de coñecer as novas máquinas de Sony e Microsoft.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario